Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Os traballadores e traballadoras da Vidreira do Atlántico manterán unha nova xuntanza coa empresa o 24 de marzo

23 Mar 2009

De non mellorar a actual situación do conflito, manteranse as convocatorias de folga e novas mobilizacións

Ao final desta nova pódese acceder a tres arquivos adxuntos coas propostas da empresa e traballadores/as sobre o conflito da Vidreira. Asi, subliñan desde o Comité de Folga que "é a primeira vez desque se iniciara o conflito que, a empresa, pon por escrito a súa proposta. Até o momento nunca o fixera e, agora, viuse na obriga de facelo porque nas reunións (ilegais) que abriu individualmente cos traballadores/as, foron os proprios traballadores/as quen lle esixiron que puxeran por escrito as súas alternativas".

Comparativa entre as propostas

Tras recibir a proposta empresarial o Comité de folga realizou unha comparativa entre esa proposta e a situación anterior a Novembro do 2008 (momento no que suprimiron o Plus de Actividade); e atopáron diferenzas negativas "enormes" para os traballadores (Nalgún caso mais de 6000 euros ano de rebaixa salarial). Así, tamén engadimos nesta nova un estudo comparativo de 20 traballadores/as para que se comproben estas mudanzas. Nestes 20 traballadores están englobadas todas as categorías que hai na empresa, o que quere dicir que a súa situación é extensíbel ao resto dos operarios da empresa (140). Por iso ao final da comparativa danse uns promedios de rebaixa salarial que son a proxección media aos 140 traballadores/as (165 con mandos) das rebaixas salariais que propón a empresa. Por último, tamén achegamos a proposta de mínimos que aceptarian os traballadores e sindicatos e que xa foi transmitida á Dirección da Empresa, sen que haxa nengunha resposta até agora.

Nova reunión e próximas accións

O 24 deste mes, está convocada unha reunión coa empresa, para, como indica Anxo garcía Torres, polo Comité de Folga e membro da CIG, "tentar abrir a negociación, mais como queira que non hai grandes esperanzas de que a empresa responda a esta chamada, adiántoche as accións que vai programar o Comité de Folga e a estratexia a seguer:

1º.- Manteremos as medidas de presión convocadas. Próxima folga a partires do dia: 29 de Marzo até o 31 de Marzo.

2º.- Antes da materialización desa folga, tentaremos convocar unha concentranción de traballadores/as en Portugal. Probabelmente no Porto, coa axuda da CGTP-IN.

3º.- Activaremos as medidas xudiciais, en materia laboral. Interporanse a semana que ven mais de 100 demandas individuais contra a empresa reclamando a reclasificación profesional de todos os operarios da fábrica. Cómpre lembrar que o 90% dos operarios da fábrica teñen a categoría de oficial de 3ª. Por exemplo: Un Xefe de Quenda, que ten baixo a sua responsabilidade a 18 obreiros, ten a mesma categoría (Oficial de 3ª) que calquera peón baixo o seu mando (tamén oficial de 3ª).

Volver