Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Os traballadores e traballadoras da Vidreira do Atlántico desenvolven a oitava xornada de folga

06 Abr 2009

Haberá máis xornadas de folga e manifestación en León

Anxo García Torres, portavoz do comité de folga e membro da CIG, sinalou que a dirección da empresa continúa sen informar sobre un calendario de destrución do vidrio que se producen en cada xornada de folga (as máquinas non poden estar paradas porque se estropearía o forno).

Cantidade "ridícula" destruída

"Sabemos que destruiron 40.000 envases pero descoñecemos se son dos que entran na fábrica procedentes doutras plantas ou dos días de folga, unha cantidade ridícula pois nun día de folga se fan 800.000 botellas", sinalou García Torres.

Amplo seguimento da folga

A folga tivo na súa oitava xornada un amplo seguimento, como en anteriores convocatorias. Novas accións desenvolveranse neste mes como unha probábel mobilización en León para o sábado 18, e unha novena xornada de folga antes de finais de mes.

Se a finais de mes non se soluciona o conflito "imos propor endurecer as medidas de presión, con folgas de moita máis longa duración".

Nas próximas semanas poderase coñecer a data para un xuízo pola demanda presentada de conflito colectivo por unha modificación das condicións de traballo, que se realizou desde xaneiro, tanto na xornada como nas retribucións salariais.

 

Volver