Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OS TRABALHADORES E TRABALHADORAS FIXOS DESCONTINUOS DO SERVIZO DE INCENDIOS DA XUNTA PODEN RECLAMAR A EXTENSIÓN DOS SEUS CONTRATOS DE 3 A 9 MESES

12 Ago 2014

A CIG inicia umha campanha pra solicitar a extensión da duración dos contratos dos trabalhadores/as fixos descontinuos

O Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galiza, estabelece dentro das condicións especiais de trabalho do persoal so Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galiza, no punto 3.2 período de traballo do persoal fixo-descontinuo, o seguinte:

“Co fin de contribuir a melhora da estabilidade laboral do persoal do SPDCIF acórdase, con efectos dende o ano 2008, a contratación por un período ininterrompido de nove meses do persoal laboral fixo descontinuo”.

A Unión Local da CIG de Verín e A Limia ven de pór en marcha umha campanha pra reclamar a extensión da duración dos contratos dos trabalhadores/as fixos descontinuos, de 3 a 9 meses. Por conseguinte, aqueles trabalhadores/as interesados/as poden pasar polos locais de Verín ou Xinzo de Limia pra cumprimentar as demandas, provistos da seguinte documentos e nos prazos que se indican:

Prazo pra formular reclamacións: ATÉ O DÍA 29 DE AGOSTO DO 2014

Documentación: Copia do Contrato ou Contratos, 6 última nóminas, Informe de Vida Laboral

Volver