Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OS GALEGOS/AS DEBEN TOMAR A PALABRA. POLA REPUBLICA DE GALIZA

02 Xun 2014

Tras a abdicacion do Rei é preciso que os galegos/as decidamos a nosa forma de Estado

A Union Local de CIG de Verin e A Limia chama a todos os trabalhadores, trabalhadoras, desempregados e desempregadas a participar nas concentracións previstas pra hoxe, en distintas cidades e vilas Galiza, en reclamación dun proceso constituínte, co obxecto de instaurar umha REPUBLICA no noso País.

Estamos nun momento histórico que non debemos deixar pasar, co obxecto de erguer a nosa voz como povo e demandar un lugar no mundo, en pé de igualdade con outras nacións.

Non podemos esquecer que, tras a caída da 2 República a maus do fascismo e posterior proclamación da Monarquía, o noso País foi reducido a simple reserva gastronómica do Estado, accedendo á modernización das suas estruturas cun retraso impresentábel fronte a outros territorios. Aínda é hoxe o día no que os galegos/as nada pintamos no concerto estatal, que non sexa emigrar.

Umha forma de Estado propria, como a República, é a única garante de que as necesidades dos cidadán/ás de Galiza se olhen atendidas de xeito prioritario e non secundarizadas, como veu acontecendo historicamente.

POLA REPUBLICA DE GALIZA !!!

POR UN FUTURO PROS GALEGOS/AS DE TODA ORDE E CONDICIÓN !!!

Volver