Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OS BOMBEIROS DO CONCELLO DE OURENSE ACUMULAN 10 SENTENZAS FAVORÁBEIS

27 Mai 2021

O Tribunal Supremo dalle a razón respeito a percibir pluses de festividade e nocturnidade durante as súas vacacións

O Tribunal Supremo, na súa sentenza nº 1233/2020 ditado o 17/10/2020 declarara o dereito dos bombeiros do concello de Ourense a percibir durante as vacacións os pluses de festividade e nocturnidade.

Na Mesa de negociación celebrada o pasado mes de novembro, o Grupo de Goberno municipal fixera compromiso de resolver todas as reclamacións presentadas polos traballadores/as en base a devandita sentenza do TS.

A dia de hoxe, todo segue igual; obrigando, o Grupo de Goberno, aos bombeiros municipais a acudir, individualmente, aos xulgados para poder facer efetivo o dereito que lles outorgara o TS

Pois ben, hai uns días o Xulgado do CA núm. 1 de Ourense publicou 8 sentenzas favorábeis aos bombeiros que recoñecen os pluses de festividade e nocturnidade, 1 que recoñece asuntos propios e 1 mais que recoñece diferenzas en Incapacidade Temporal.

Con esta actitude o Concello de Ourense mostra, unha vez, mais a falta de cultura democrática de persoas que ocupan cargos públicos en institucións que representan a cidadanía.

Volver