OS BOMBEIROS DE VERÍN APOIAN A MANIFESTACIÓN DO DÍA 18 EN OURENSE
Reclaman un servizo público de bombeir@s pra Galiza
Afirman que o futuro da profesión, o futuro dos postos de traballo, e a seguridade do colectivo está en risco, e din ser coñecedores de que iste risco afecta de xeito directo á cidadanía.
"O feito de que as empresas privadas xestionen un servizo público do calado do servizo de extinción de incendios e salvamento, é ser cómplices do menoscabo do mesmo; @s galeg@s, teñen direitos de igual xeito que o resto dos cidadáns do estado español, e non está a ser así", indican no seu comunicado.
Denuncian que a Xunta de Galiza está levando a cabo unha política de descontrol que se podería tachar de ilegal, pola maneira na que contravén a Lei de Emerxencias de Galiza. "Non homoxeneiza as condicións laborais, nen potencia os copos existentes, senón que proxecta novos corpos paralelos, con profesionais que deberían estar nos nosos parques, posibilitando facer servizos dignos, e solventando o problema dos servizos insuficientes, con carencia de persoal".
Do mesmo xeito revelan que as compras de equipas multimillonarias, que en moitas ocasións supoñen equipación inservible, infraempregada, ou desporoporcionada non contan coa consulta de quen, finalmente vai a ter que utilizala.
Engaden que todo o anterior está baixo a ausencia dun regulamento da profesión de bombeiro, que a propia lei esixe á Xunta de Galiza que leve a cabo.
Finalmente, din no seu comunicado
"queremos deixar claro dende o parque de bombeiros de Verín, que non estamos dacordo coas políticas que se están a levar a cabo por parte dos gobernos, principalmente do Partido Popular, que aposta pola privatización dos servizos de emerxencias, non xa só dos corpos de bombeiros, senón tamén do centro de atención de emerxencias 112 Galiza, ou do servizo de urxencias médicas 061.
Por todo isto, o día 18 de abril, dirémoslle ó señor Baltar que non queremos que o servizo de bombeiros continúe en mans de empresas privadas. Que queremos prestar un mellor servizo á cidadanía, porque as galegas e os galegos temos os mesmos dereitos que o resto dos españois
Fagamos que Galiza deixe de ser a única comunidade autónoma onde existen servizos de bombeiros privatizados"

