OS ALCALDES DO PARTIDO POPULAR DA LIMIA NON APOIARÁN A MANIFESTACIÓN DO DÍA 10 DE XULHO
Nun acto de total irresponsabilidade política os Alcaldes do PP da Limia optan por defender os seus proprios intereses, fronte aos intereses de todos os vicinhos/as
Segundo informacións de última hora, os Alcaldes do Partido Popular da Limia decidiron, na reunión que mantiveron hoxe en Xinzo de Limia, NON APOIAR A MANIFESTACIÓN do día 10 de Xulho do 2014, alegando 2 cuestións:
a) Que tenhen conhecimento de que non se van suprimir os partidos xudiciais.
b) Que a Plataforma en Defensa do Partido Xudicial da Limia está "moi politizada"
Pois ben, despois de intentar, por activa e por pasiva, que os rexedores populares se puxeran no seu sitio, que defenderan os intereses dos vicinhos/as da Limia, que se sumaran á Plataforma pra facer umha fronte común contra a inxustiza da supresión do Partido Xudicial; os máximos representantes populares da Comarca Limiá incorren numha GRAVÍSIMA IRRESPONSABILIDADE POLÍTICA e prefiren responder aos ditados do seu Partido, tendendo cortinhas de fume, que atender aos intereses da Limia.
Non deixa de ser paradoxal que se acuse á Plataforma de estar politizada, cando todos os que fan tal acusación son POLÍTICOS DO PP, GOBERNANTES E PROFISIONAIS DA POLÍTICA que viven dos nosos impostos.
Mais, así é a vida. Non caiamos no seu erro. Non confundamos aos políticos decentes, cos gobernantes irresponsábeis. Eles son políticos e por riba gobernantes e serán os culpábeis, en cualidade de colaboradores necesarios, de que se suprima o Partido Xudicial de Xinzo de Limia. Hai que dicilo claro: NON QUEREN REPRESENTAR Á CIDADANÍA, SÓ PROCURAN REPRESENTARSE A SI PROPRIOS.
A actitude distes Alcaldes é umha mostra de egoismo partidario, mais iso só ven a constatar algo que xa sabiamos....Agora, a cidadanía debe darlhes umha lección democrática, tirando á rúa ao maior número de presoas posíbel contra a inxustiza da supresión do Partido Xudicial e fronte ao seguidismo dos benmantidos Alcaldes populares da Limia.

