Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OS AFILIADOS E AFILIADAS DA CIG PODEN CUMPRIMENTAR, DE BALDE, A DECLARACIÓN DA RENDA DO 2013 NOS LOCAIS DE VERÍN E XINZO DE LIMIA

12 Abr 2014

Dende o día 1 de Abril e deica o 25 de Xunho

Dende o 1 de Abril de 2014 e deica o 25 de Xunho de 2014 todos os afiliados e afiliadas da CIG que o desexen poden usar o Servizo de Cumprimentación de Declaracións da Renda da CIG, de xeito gratuíto.

Aqueles/as afiliados/as da CIG que decidan cumprimentar a súa declaración da renda, por medio do Servizo de cumprimentación da Unión Local de Verín e A Limia, haberán aterse ao seguinte procedimento:

a) Tenhen de solicitar cita previa, chamando aos locais da CIG de Verín (988412345) ou de Xinzo de Limia (988462583), a efectos de evitar esperas innecesarias.

b) Tenhen de achegar, o día asignado, os seguintes documentos:

  • DOCUMENTOS DE IDENTIDADE DA UNIDADE FAMILIAR
  • BORRADOR DECLARACIÓN IRPF 2013
  • DECLARACIÓN ANO 2.012
  • TODO TIPO DE DADOS FISCAIS PRECISOS PARA A DECLARACIÓN 2013
  • RENDIMENTOS DE TRABALLO.
    • Certificados de empresa. Cotas satisfeitas a sindicatos. Cotas satisfeitas a partidos políticos…etc.
  • RENDIMENTOS DE CAPITAL INMOBILIARIO.
    • Recibo de contribución das vivendas, arrendadas, etc.
  • RENDIMENTOS DE CAPITAL MOBILIARIO.
    • Xuros, dividendos….etc
  • RENDIMENTOS DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS
    • Subvencións agrarias…etc
  • GANHOS E PERDAS PATRIMONIAIS.
    • Accións….etc.
  • DEDUCIÓNS POR INVESTIMENTO VIVENDA HAB.
    • Arrendamentos, compra, hipotecas, construción vivenda…etc.
  • DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS.
    • Nacemento ou adopción fillo,familia numerosa,tecnoloxías..etc
  • OUTROS QUE SE CONSIDEREN DE INTERESE

Podes descarregar, en PDF, os prazos previstos en todos os supostos pra presentar a Declaración da Renda 2013.

Volver