Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OITO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO

16 Xun 2020

Son contratos temporais de 3 meses de duración

O concello de Vilariño de Conso fai público no BOP do 16 de xuño que, mediante resolución da alcaldía, con data 11 de xuño de 2020, acordouse convocar e aprobar as bases reguladoras para a contratación de persoal laboral temporal que se indica:

a) Número e denominación das prazas: un xefe de brigada, un peón condutor tres peóns forestais e tres condutores motobomba, para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

b) Modalidade da contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa.

c) Duración do contrato: 3 meses.

d) Sistema de selección: concurso- oposición

e) Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Vilariño de Conso ou segundo os medios previstos nas bases reguladoras.

f) O texto completo das bases reguladoras publicaranse no taboleiro de anuncios do concello.

g) As contratacións están financiadas a través da addenda do Convenio entre a consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia e o concello de Vilariño de Conso, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020

Volver