Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OITO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE MANZANEDA

04 Xun 2021

Son contratos temporais a xornada completa

O concello de Manzaneda publica no BOP do 4 de xuño, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación temporal por concurso, de:

- Chofer vehículo motobomba (3), contrato obra ou servizo a tempo completo e duración segundo a subvención concedida.

- Brigada de incendios: (1) capataz/a brigada, (1) pión condutor/a brigada e (3) pións de brigada; contrato obra ou servizo a tempo completo e duración segundo a subvención concedida.

As solicitudes para participar nestes procesos selectivos faranse mediante unha instancia dirixida ao alcalde e deberán presentarse no Rexistro do concello (os días laborais de 9.00 a 13.30 horas) ou a través de calquera dos medios que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo será de 10 días naturais, que comezarán a contar o día seguinte ao de publicarse este anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Así mesmo, as bases estarán á disposición dos/as interesados/as, para os efectos de posibles reclamacións, por un prazo de quince días hábiles, que contarán a partir da publicación do presente anuncio no BOP, na secretaría municipal, en horario de 9.00 a 13.30 horas, chamando o teléfono 988 333 043 ou no taboleiro de anuncios da web do concello: www.concellodemanzaneda.es

Volver