Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTAS DE CONTRATACION PARA PERSOAL LABORAL TEMPORAL NO CONCELLO DE VERIN

31 Mai 2023

Son para as categorías de Socorrista, Monitoras/es Deportivos e Auxiliares de Axuda no Fogar

O concello de Verín fai público o anuncio polo cal oferta postos de traballos temporais para as categorías de Socorrista, Monitoras/es Deportivos e Auxiliares de Axuda no Fogar, todos eles por necesidades do servizo.

Trátase de postos de Socorristas para a tempada de verán (3 meses de duración), Monitoras/es Deportivas para as escolas deportivas de verán a xornada parcial cunha duración de 2 meses e medio e Auxiliares de Axuda no Fogar con xornadas totais ou parciais segundo necesidades do servizo.

O prazo de presentación de instancias remata o 2 de xuño

Se queres descarregar os modelos, anexos e documentación dos procesos podes facelo accedendo á sede electrónica do concello de Verín, picando en https://verin.sedelectronica.gal/board

Volver