OFERTAN UNHA PRAZA TEMPORAL NO CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA
Trátase dun posto para un/ha vendedor/a de billetes para a piscina municipal
O concello de Rairiz de Veiga fai pública no BOP a convocatoria para a contratación laboral para un/ha vendedor/a de billetes para a piscina municipal. Farán unha contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado con xornada completa, 40 horas semanais, de luns a domingo. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos, sendo a duración do contrato ata a fin de servizo (tempada 2016). O salario bruto mensual será de 723,01 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias). O prazo e lugar para a presentación de solicitudes será de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP (27/06/16), no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.30 horas. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello

