OFERTAN UNHA PRAZA TEMPORAL NO CONCELLO DE BALTAR
É un posto de traballador/a social
O concello de Baltar publica no BOP do 17 de febreiro a convocatoria para a contratación laboral temporal, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía da data 13.02.2017, para un/ha traballador/a social, con xornada a tempo completo. A modalidade de contratación será uncontrato laboral temporal para obra ou servizo determinado, tendo duración do contrato deica o final de 2017. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos, e ten como retribucións totais: 1.283,33 €/mes (incluída pppe). O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación no BOP (17/02/2017), no rexistro do concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito. Serán admitidas, sen necesidade de presentar unha nova, salvo que expresamente indiquen os solicitantes o contrario, as solicitudes presentadas ao abeiro das bases aprobadas por decreto da alcaldía de data 08.02./2017 e cuxo anuncio se publicou no BOP de data 11.02.2017. O texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello.

