Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN UNHA PRAZA DE CHOFER DE TRACTOR ROZADORA NO CONCELLO DE BALTAR

01 Xun 2016

Será un contrato temporal a xornada completa

O concello de Baltar fai unha nova convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 26/05/2016. É unha prazas para un/ha chofer de máquina rozadora. A modalidade de contratación será un contrato laboral temporal a xornada completa. A duración do contrato do mesmo ficou establecida en catro meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As retribucións totais van a ser de 873,83 €/mes (incluida pppe). O lugar e prazo de presentación de instancias será de  5 días naturais, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Baltar, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición das bases do texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver