OFERTAN UN POSTO DE TRABALLADOR/A SOCIAL NO CONCELLO DE VILAR DE SANTOS
É un contrato laboral de interinidade
O concello de Vilar de Santos fai pública no BOP do 15 de xaneiro a convocatoria para a contratación laboral que se indica:
1.- Número de prazas: 1
2.- Denominación: traballador/a social.
3.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal de interinidade.
4.- Xornada: completa (luns a venres).
5.- Sistema de selección: concurso de méritos.
6.- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello en horariode 9.00 a 14.30 horas.
7.- O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello (www.vilardesantos.gal) .

