OFERTAN UN CONTRATO NO CONCELLO DE GOMESENDE
É un contrato de auxiliar administrativ@ a tempo parcial
O concello de Gomesende aprobou con data 07.06.2016, a través de decreto de alcaldía, as bases que rexerán a selección, por concurso-oposición, dun/ha auxiliar administrativo para apoio ás oficinas municipais, a través de contrato laboral eventual, por circunstancias eventuais da produción, por tres meses e a tempo parcial (75% xornada). As bases a selección contemplan a contratación dun/dunha auxiliar administrativo, para apoio ás oficinas do concello de Gomesende, coa categoría de persoal laboral con contrato eventual por circunstancias da produción (duración: 3 meses), e a tempo parcial (75% xornada), mediante concurso-oposición, así como a creación dunha bolsa de traballo a fin de cubrir de xeito rápido e áxil devandita/s praza/s cando esta/s puidese/n quedar vacante/s temporalmente a consecuencia de (baixas por enfermidade, maternidade…), en aplicación do previsto nos artigos 8.2 e 15 do Real decreto lexislativo 2/2015, do Texto refundido do Estatuto dos traballadores e no artigo 11 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, do Estatuto básico do empregado público. O prazo para a presentación de solicitudes é de cinco días naturais.
Se queres descarregar as bases do proceso abre o pdf que está debaixo da fotografía

