Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN TRES PRAZAS NO CONCELLO DE VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

07 Xul 2016

Son prazas de condutores/as de motobomba

O concello de Vilamartín de Valdeorras, mediante resolución da alcaldía de data 4 de xullo de 2016, acordou convocar e aprobar as bases reguladoras para a contratación de persoal laboral temporal de 3 condutor@s de motobomba. A modalidade da contratación serán contratos laborais temporais por obra ou servizo determinado a xornada completa. A duración dos mesmos quedou fixada en 3 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso. O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días hábiles contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro do concello de Vilamartín de Valdeorras ou segundo os medios previstos nas bases reguladoras. O texto completo das bases reguladoras publicaranse no taboleiro de anuncios do concello. As contratacións están financiadas a través do Convenio entre a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e o Concello de Vilamartín de Valdeorras, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do PDR de Galicia 2014-2020

Volver