Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN DÚAS PRAZAS TEMPORAIS NO CONCELLO DA BOLA

19 Dec 2016

Son postos para un/ha oficial de 1ª e un/ha oficial de 3ª

O concello da Bola, por resolución da alcaldesa, con data 5 de decembro do 2016, aprobou as bases para a selección e posterior contratación dun/ha oficial de 3ª. O contrato terá unha duración dende o 02.01.17 até o 31.12.17, sendo a clase de persoal laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes será nos cinco días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (17/12/16), no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos previstos na lei. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.

Do mesmo xeito, por resolución da alcaldesa, con data 5 de decembro do 2016, aprobaron as bases para a selección e posterior contratación  dun/ha oficial de 1ª. A duración do contrato irá dende 02.01.17 até o 31.12.17, sendo a clase de persoal laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes será de cinco días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (17/12/16), no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios previstos na lei. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.

 

Volver