OFERTAN DÚAS PRAZAS NO CONCELLO DE TRASMIRAS
Necesitan contratar a un/ha operari@ de servizos básicos e a un/ha chófer
O concello de Trasmiras fai unha nova convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo determinado para dous postos de traballo, un/ha operario/a de servizos básicos de mantemento para o concello e un/ha chofer de maquina mixta. O prazo de presentación das instancias para a participación no proceso de selección por concurso de méritos, que será de cinco (5) días hábiles computados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. @s interesados poderán consultar as bases de selección nas oficinas municipais, en horario de 9.00 a 14.30 horas.

