OFERTAN DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE VIANA DO BOLO
Son para auxiliar administrativ@ e oficial de albanelería
O concello de Viana do Bolo fai público no BOP do 29 de abril que, mediante a resolución da alcaldía n.º 2021- 0179, do 19 de abril, apróbanse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal mediante o sistema de concurso de méritos, ao abeiro do Programa provincial de cooperación cos concellos e a Entidade Local Menor de Berán en materia de Empregabilidade 2021. O obxecto da convocatoria é a selección de varias persoas como persoal laboral temporal do Concello de Viana do Bolo, de acordo co seguinte detalle:
1. Posto de traballo: auxiliar administrativo; núm. prazas: 1; duración: 6 meses. retribucións brutas mensuais: 1.400,00 €.
2. Posto de traballo: oficial de 1ª de albanelería; núm. prazas: 1; duración: 6 meses. retribucións brutas mensuais: 1.446,80 €.
As bases da convocatoria atópanse expostas ao público e a disposición das persoas interesadas nas oficinas municipais, situadas na rúa Constitución, n.º 14 de Viana do Bolo, así como na sede electrónica deste concello:
[https://vianadobolo.sedelectronica.gal/info.0] e na páxina web www.vianadobolo.gal. O prazo de presentación de instancias será de 5 días hábiles, contado dende o seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

