OFERTAN DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE BARBADÁS
Son para o Centro de Información á muller
O concello de Barbadás fai público hoxe no xornal "La Región" o anuncio polo cal abre o proceso de selección para a contratación dun/ha Psicóloga/o e dun/ha Asesor/a Xurídico/a.
O contrato para o posto de Psicóloga/o iniciarase cando se remate o proceso selectivo, e finalizará o 31 de decembro do ano 2018; e o contrato para o posto de Asesor/a Xurídico/a iniciarase cando se remate o proceso selectivo, e finalizará o 31 de decembro do ano 2018. Os contratos serán a tempo parcial cunha xornada de 10 horas de traballo semanal.
Se queres ollar as bases do proceso pica en
https://www.barbadas.es/bases-contratacion-psicologo-a-para-o-c-i-m/
https://www.barbadas.es/bases-contratacion-asesor-a-xuridico-a-para-o-cim/

