OFERTAN CINCO PRAZAS NO CONCELLO DE VILAR DE BARRIO
Son para crear a brigada antiincendios forestais
O concello de Vilar de Barrio publica no BOP do 16 de xuño a convocatoria de selección de persoal laboral temporal para brigada de prevención e extinción de incendios 2017, en cumprimento do Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Vilar de Barrio. Ofertan os postos para un/una xefe/a de brigada,un peón condutor e tres peóns. A modalidade de contratación son contratos laborais temporais por obra/servizo determinado a tempo completo. A duración dos contratos é detres meses. O sistema de selección será por concurso de méritos. As bases da convocatoria poderán obterse nas oficinas municipais e na páxina web www.vilardebarrio.com. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles, contados desde o seguinte á publicación no BOP (16/6/17).

