OFERTAN 8 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE MANZANEDA
Son para as brigadas forestais
O concello de Manzaneda fai pública a aprobación das bases que rexerán a contratación temporal por concurso de:
- Chofer vehículo motobomba (3), contrato obra ou servizo a tempo completo e duración segundo subvención concedida.
- Brigada de incendios: (1) capataz brigada, (1) pión condutor brigada e (3) pións brigada; contrato obra ou servizo a tempo completo e duración segundo subvención concedida. As solicitudes para participar nestes procesos selectivos faranse mediante instancia dirixida ao señor alcalde e deberán presentarse no rexistro do concello (os días laborais de 9.00 a 13.30 horas), ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de 6 días naturais, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. As bases estarán a disposición dos/as interesados/as na secretaría municipal, en horario de 9.00 a 13.30 horas, os cales poderán solicitar copias en calquera momento, dentro do horario de oficina, chamando ao teléfono 988 33 30 43 ou no taboleiro de anuncios da páxina web do concello www.concellodemanzaneda.es

