OFERTAN 7 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE SAN AMARO
Son para pións de servizos varios e para a brigada antiincedios
O concello de San Amaro fixo publica no BOP do 3 de xuño a convocatoria de selección de persoal laboral temporal por concurso de méritos de dous pións de servizos varios con cargo á subvención de empregabilidade da Deputación Provincial de Ourense. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra ou servizo a xornada parcial (6h/día) cunha duración aproximada de 3 meses.
O prazo para a presentación de solicitudes de cinco días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación no BOP (3/6/17), de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas.
Do mesmo xeito, anunciou a convocatoria de selección de persoal laboral temporal para brigada de prevención e extinción de incendios 2017, (Convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural). Trátase dos seguintes postos: 1 Xef@ de brigada, 1 Pión-Conductor/a, 3 Peóns. A modalidade de contratación serán contratos laborais temporais por obra/servicio determinado a tiempo completo. A duración del contrato é por un máximo 3 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos.
O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación no BOP (3/6/17), de luns a venres en horario de 9:00 horas a 14:00 horas.
Se queres ollar as bases abre os pdf que están debaixo da fotografía

