Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN 5 PRAZAS NO CONCELLO DE MACEDA

08 Xul 2016

Trátase dun/ha xefe/a de brigada, un/ha pión condutor/a e tres pións de brigada

O concello de Maceda fai pública no BOP de hoxe a convocatoria para a contratación laboral temporal das seguintes prazas para conformar a brigada para prevención e defensa contra incendios forestais (1 xef@ de brigada, 1 pión condutor/a e 3 pións de brigada). A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra/servicio determinado a tempo completo. A duración do contrato será de tres meses dende a sinatura do contrato, sendo o sistema de selección por concurso-oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles a contar desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP. Na mesma data e horario poderán consultarse as bases.

Volver