OFERTAN 16 PRAZAS NA MANCOMUNIDADE CONSO FRIEIRAS
Son contratacións laborais temporais para brigadas antiincendios
A mancomunidade Conso Frieiras anuncia a contratación de persoal laboral temporal para as prazas seguintes:
Nove (9) pións de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
Tres (3) pións-condutor/as de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
Tres (3) xef@s de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
Un (1) pión forestal- chofer tractor desbrozadora.
A modalidade contractual será de obra ou servizo determinado a xornada completa do artigo 15.1 do estatuto dos traballadores por un período de tres meses os pións de brigada, pión condutor/a brigada e @s xef@s de brigada. O pión forestal – chofer tractor desbrozadora ata fin servizo. O procedemento selectivo e documentación será a establecida nas bases reguladoras de contratación aprobadas por decreto da presidencia de 4 de xullo de 2016. O prazo de presentación de instancias é de cinco días hábiles, (agás sábados) dende o día seguinte á publicación deste anuncio, ou nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 e bases reguladoras, e presentaranse no rexistro xeral do concello da Gudiña. As contratacións están financiadas a través do Convenio entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e o concello de A Gudiña para a creación de 3 brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais, e programa de tratamento preventivo de xeito mecanizado (contratación peón forestal -
chofer tractor desbrozadora), financiado pola Consellería de Medio Rural, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

