Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN 10 PRAZAS NO CONCELLO DE BALTAR

27 Xun 2017

Comporán a brigada antiincendios forestais

O concello de Baltar publica no BOP do 27 de xuño a convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía da data 15/06/2017:
1.- Número e denominación das prazas: 2 xefes/as de brigada, 2 pións condutor e 6 pións forestais para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa de incendios forestais.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa
3.- Duración do contrato: tres meses
4.- Sistema de selección: concurso de méritos
5.- Retribucións totais: xefe de brigada: soldo: 1.100,00 euros/ mes brutos, incluída a parte proporcional das pagas extra. Pións forestais e pión condutor: soldo: 982,53 euros / mes brutos, incluída a parte proporcional das pagas extra.
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días naturais contados dende o seguinte á publicación no BOP (27/06/17), no rexistro do concello de Baltar, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello

Volver