Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTAN 10 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE MUIÑOS

28 Xun 2022

Formarán a brigada contra incendios forestais

O concello de Muiños fai pública no BOP do 28 de xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica, segundo as bases aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local, do día 23 de xuño de 2022:
1. Número e denominación das prazas: Convenio de colaboración coa consellería de Medio Rural): 2 xefas/es de brigada, 2 pións condutoras/es e 6 pións forestais para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral de duración determinada vinculado a programas financiados con fondos europeos (Disposición adicional quinta do Real decreto-lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo).
3. Duración do contrato: 3 meses.
4. Sistema de selección: concurso-oposición.
5. Prazo e lugar de presentación de instancias: nos cinco días hábiles seguintes ao de publicación deste anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
6. Exposición de bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios, na páxina web do concello (http//www.concellomuinos.com) e na sede electrónica deste concello [http://concellomuinos.sedelectronica.gal].

Volver