OFERTAN 10 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE BANDE
Formarán dúas brigadas antiincendios forestais
O concello de Bande fai público no BOP do 27 de xaneiro o anuncio da convocatoria para a contratación de traballador@s para dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais e actuación dun veículo motobomba. Unha vez aprobadas as bases de selección para a contratación de traballador@s para dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais e actuación dun vehículo motobomba, publican o resumo da convocatoria para a xeral coñecemento e chamamento ao concurso.
1) Denominación dos postos:
1.1) Dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais (compostas por cada brigada: 1 xefe de brigada, 1 peón-condutor, 3 peóns de brigada).
1.2) Dous condutores de vehículo motobomba.
2) Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo, coa duración que se especifique nel.
3) Sistema de selección: concurso de méritos.
2) Prazo de presentación de solicitudes: dez días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (27/1/18).
3) Lugar de presentación de solicitudes: rexistro xeral do concello, ou polas outras formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
4) Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no Concello de Bande en horario de oficina, na páxina web www.concellobande.com e na sede electrónica do concello http://concellobande.sedelectronica.gal/

