Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA PARA UN/HA OPERARIA/O DE SERVIZOS VARIOS EN VILAR DE BARRIO

30 Xun 2022

É un contrato de sustitución

O concello de Vilar de Barrio fai pública no BOP do 30 de xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación:

1.- Número e denominación da praza: 1 operaria/o de servizos e obras.

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral de substitución, a xornada completa.

3.- Duración do contrato: atéque finalice o proceso de selección para cubrir a praza en réxime laboral fixo.

4.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

6.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal: https://vilardebarrio.sedelectronica.gal

Volver