OFERTA PARA UN/HA CONDUTOR/A DE MÁQUINA ROZADORA
É un contrato de seis meses de duración
O concello de Lobios fai pública no BOP do 19 de abril a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía do 14.04.2021:
1.- Número e denominación das prazas: un/unha chofer/esa de máquina rozadora ao abeiro do Programa provincial de cooperación cos concellos en materia de limpeza de marxes das redes municipais e provinciais para o ano 2021 e do Programa de cooperación en materia de empregabilidade 2021.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa, 40 horas semanais
3.- Duración do contrato: 6 meses
4.- Sistema de selección: concurso-oposición
5.- Retribucións totais: 1.108,33 €/mes (incluída pppe).
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 10 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Lobios ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://lobios.sedelectronica.gal

