OFERTA PARA UN/HA AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DA TEIXEIRA
Trátase dun contrato de tres meses de duración
O concello da Teixeira fai público no BOP do 20 de xuño que por resolución da alcaldesa en funcións, do día 16 de xuño de 2023, aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación dun/dunha auxiliar de axuda no fogar.
Duración do contrato: 3 meses
Clase de persoal: laboral temporal
Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres ou na forma prevista no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo, neste último caso, as persoas interesadas deberán comunicalo mediante correo electrónico, durante o mesmo prazo e horario que o de presentación de instancias. Se o quinto día fose festivo ou sábado, o prazo finalizaría o seguinte día hábil. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Teixeira en horario de oficina.