OFERTA DUN POSTO DE LIMPADOR/A NO CONCELLO DE CASTRO CALDELAS
Trátase dun contrato a xornada completa
O concello de Castro Caldelas fai público no BOP do 20 de agosto a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal para o seguinte posto de traballo:
1. Número e denominación da praza: 1 limpador/a-subalterno/a dos colexios e instalacións dependentes do CPI Virxe dos Remedios.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal, por obra ou servizo determinado, a xornada completa.
3. Duración do contrato: até o 23/06/2022.
4. Sistema de selección: concurso de méritos.
5. Lugar e prazo de presentación das solicitudes: 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP de Ourense, no Rexistro do Concello de Castro Caldelas ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal http://castrocaldelas.sedelectronica.gal

