OFERTA PARA PIÓNS NO CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA
O sistema de selección será por concurso de méritos
O concello de Xunqueira de Ambía, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 2 postos de traballo de persoal laboral temporal, publica no BOP do 22 de abril o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso (exp. 196/2023).
Número e denominación dos postos: 2 pións/pioas forestais
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por circunstancias da produción, a xornada completa
Duración do contrato: de maio a xullo e de outubro a decembro deste ano
Sistema de selección: concurso de méritos
Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal https://xunqueiradeambia.sedelectronica.es
Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Xunqueira de Ambía (praza de San Rosendo 1, 32670 Xunqueira de Ambía), en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera outro medio admitido en dereito.