OFERTA PARA PIÓNS DE OBRAS PÚBLICAS E BRIGADA MEDIOAMBIENTAL NO CONCELLO DE LOBEIRA
14
Feb
2020
Estas prazas están incluídas na bolsa de emprego
O concello de Lobeira fai público no BOP do 14 de febreiro o anuncio da convocatoria das prazas de pións da brigada medioambiental e de pións de obras públicas e infraestruturas. Estas prazas están incluídas na bolsa de emprego do concello de Lobeira (BOP número 294, de data 24-12-2019). As súas características e os demais anuncios e documentos relacionados co proceso selectivo publicaranse na páxina web e no taboleiro de anuncios do concello.

