OFERTA PARA PIÓNS AGROFORESTAIS NO CONCELLO DE RIOS
Traballarán no centro agroforestal do concello
Publicada no BOP do 20 de xuño a convocatoria do concello de Riós de selección de persoal para a provisión de oito pións/pioas agroforestais para o Centro Agroforestal de Riós.
A alcaldía, mediante resolución do día 15 de xuño de 2022, aprobou as seguintes bases:
1º. Selección de persoal para a provisión de oito postos de traballo para pións/pioas agroforestais. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 horas, durante o prazo dos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP.
As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na páxina da súa sede electrónica: concelloderios.sedelectronica.gal

