Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA NO CONCELLO DE VILAMARÍN DE DÚAS PRAZAS DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

12 Xan 2023

Son contratos temporais para a cobertura de baixas por enfermidade

O concello de Vilamarín fai público no BOP do 12 de xaneiro, para coñecemento e chamamento ao concurso,  o resumo da convocatoria na que, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de dous/dúas auxiliares de axuda no fogar en réxime laboral temporal a xornada completa, cubrirán dúas baixas por enfermidade.

1. Número de prazas: 2.

2. Denominación: auxiliar de axuda no fogar.

3. Servizo: Servizo de Axuda no Fogar do concello de Vilamarín.

4. Modalidade de contratación: contrato de duración determinada por substitución das persoas traballadoras a tempo completo.

5. Sistema de selección: concurso.

6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Vilamarín, situado na avenida Santiago Apóstol, núm. 5 (32101 - Vilamarín), en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica: vilamarin.sedelectronica.es

Volver