Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA NO CONCELLO DE VIANA DO BOLO DUN POSTO DE FUNCIONARIA/O INTERINA

26 Xun 2023

O concello de Viana do Bolo fai pública no BOP do 26 de xuño a convocatoria e bases de selección para a creación dunha bolsa de nomeamento de persoal funcionario interino da categoría de técnico/a de administración xeral do concello de Viana do Bolo

Para os efectos oportunos, publícase que, o 21 de xuño de 2023, o alcalde ditou o seguinte Decreto:
1. Aprobar a convocatoria e as bases reguladoras para a creación dunha bolsa de nomeamento de persoal funcionario interino da categoría de técnico/a de Administración xeral do concello de Viana do Bolo, deberá publicarse na forma regulamentaria.

Base primeira. Obxecto convocatoria e xustificación
É obxecto destas bases a regulación do proceso selectivo e a convocatoria para a creación dunha bolsa de nomeamentos
interinos de categoría de técnico/a de Administración xeral (subgrupo A1) ao servizo do Concello de Viana do Bolo, coa finalidade de prover tanto vacantes como substitucións transitorias dos seus titulares ou outras necesidades temporais de prazas encadradas na escala de Administración xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1. Ao remate do proceso selectivo, aprobarase unha bolsa de aspirantes a funcionario/a interino/a para o seu nomeamento cando queden acreditados no expediente os requisitos exixidos pola normativa aplicable –artigos 10.1 do EBEP e 23.2 da Lei 2/2015, do emprego público de Galicia. O/a funcionario/a interino/a cesará, ademais de polas causas que determinan a perda da condición de persoal funcionario de carreira, cando concorra algunha das circunstancias a que se  refire o artigo 24.2 da Lei 2/2015, do emprego público de Galicia.

SE QUERES DESCARREGAR AS BASES DO PROCESO ABRE O PDF QUE ESTÁ DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA

Volver