Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA NO CONCELLO DE CUALEDRO PARA TRES PIÓNS FORESTAIS

11 Mai 2022

Son contratos de nove meses de duración

O concello de Cualedro fai públicas as bases que convocan, por motivos de necesidade e urxencia, un proceso de selección para a contratación por este concello 3 TRABALLADORAS/ES FORESTAIS para a creación dunha Brigada Forestal. A xustificación da urxencia baséase na data límite do 15 de xuño de 2022 para a contratación da brigada segundo a resolución do expediente TR351G 2022/36-3 da Consellería de Emprego e Igualdade. O contrato laboral que se subscribirá será o de obra ou servizo determinado, regulado no artigo 15.1.a) do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. As funcións serán a realización de traballos forestais e do medio no ámbito territorial do Concello de Cualedro.

 

Descarrega as bases abrindo o pdf que está debaixo da fotografía

Volver