Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA NO CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS DE DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

11 Mai 2019

Son pra pións

O concello de Carballeda de Valdeorras fai públicas no BOP do 11 de maio as bases que rexerán a contratación, ao amparo da subvención concedida a ise concello dentro do Programa provincial de cooperación cos concellos en materia de empregabilidade para o exercicio de 2019, de dous pións como persoal laboral temporal con duración dun mes.
1ª. As presentes bases teñen por obxecto regular a contratación temporal para obra ou servizo determinado durante un mes a xornada completa, de dous traballadores con categoría de peóns de servizos varios (prestación do servizo de conservación, mantemento e limpeza de espazos públicos), dentro do Programa provincial de cooperación cos concellos en materia de empregabilidade para o exercicio 2019. A retribución mensual establecida será de 1.050,00 € brutos mensuais, incluída xa a parte proporcional de paga extra.
2ª. A selección realizarase mediante a avaliación dos méritos e de conformidade coa puntuación que se indica:
- 1 punto por estar en situación de paro, inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante de emprego no posto de traballo de peón ou similar.
- 1 punto por estar ao día da data empadroado/a neste municipio.
- 1 punto por cada mes completo de prestación de servizos como persoal laboral con categoría de peón ou similar contratado por este concello.
- 1 punto, ata un máximo de 8 puntos, por cada mes completo de prestación de servizos como persoal laboral con categoría de peón ou similar por servizos prestados noutro concello ou empresas privadas, en traballos de iguais ou similares características ás que constitúen o obxecto do contrato regulado nas presentes bases (prestación do servizo de conservación, mantemento e limpeza de espazos públicos). No caso de empate resolverase a favor do candidato/a que acredite unha maior prestación de servizos como persoal contratado por este Concello.
3ª. As instancias ou solicitudes asinadas polo solicitante para tomar parte no proceso de selección, dirixidas á Sra. alcaldesa presidenta,xunto coa documentación acreditativa do cumprimentodos requisitos e dos méritos a valorar, presentaranse no rexistro do concello dentro do prazo de catro días hábiles a partir da publicación da convocatoria no BOP, facendo constar que se cumpren os requisitos previstos no artigo 56 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público para participar no proceso de selección previstos na base 4ª. A presentación de instancias ou solicitudes por calquera outro medio dos previstos na Lei de procedemento administrativo común das administracións públicas, comunicarase a este Concello dentro do prazo de presentación de solicitudes mediante correo electrónico á dirección administracion@concellocarballedavaldeorras.com, ou fax (988.33.53.79), achegando copia da instancia e documentación presentada. Xunto coa instancia achegarase copia do DNI ou documento acreditativo da personalidade no caso de ser estranxeiro, teléfono e dirección de correo electrónico para efectuar as comunicacións e notificacións que procedan.
4ª. Para participar no proceso de selección os/as aspirantes deben reunir os requisitos previstos no artigo 56 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público (ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, para o acceso ao emprego público de nacionais doutros estados; posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas obxecto de contrato; ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa; non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas, nin acharse inhabilitado para emprego público), e estar en posesión do permiso de conducir clase B.
5ª. As listas de admitidos e excluídos publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello ao día seguinte ao de finalización do prazo de presentación de instancias.
6ª. O tribunal o órgano encargado da cualificación, de conformidade coas presentes bases, dos méritos achegados por cada un dos solicitantes, será designado por resolución da Presidencia.
7ª.- Unha vez valorados todos os méritos alegados polos aspirantes que reúnan as condicións esixidas nas presentes bases, exporase no taboleiro de anuncios do Concello a puntuación outorgada a cada un deles, e a proposta de contratación a favor dos dous candidatos que obteñan a maior puntuación.
8ª. O/a aspirante seleccionado/a, si non presentase xunto coa instancia a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previstos no artigo 56 da Lei 7/2007, do 12 do abril, do estatuto básico do empregado público, presentaraa no día seguinte hábil ao da publicación no taboleiro de anuncios do concello das listas coa puntuación outorgada a cada aspirante e coa proposta do aspirante seleccionado/a.
9ª. O contrato que se realice á persoa seleccionada será por obra ou servizo determinado (peón para prestación do servizo de conservación, mantemento e limpeza de espazos públicos), con duración dun mes, financiándose con cargo ao importe da subvención concedida para tal finalidade con cargo ao Programa provincial de cooperación cos concellos en materia de empregabilidade para o exercicio 2019.

Volver