Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA NO CONCELLO DE BALTAR: AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

08 Set 2023

Son catro postos a xornada parcial, asemade crean unha bolsa de emprego

O concello de Baltar fai público no BOP do xoves 8 de setembro que, mediante acordo da xunta local deste concello do 05/09/2023, aprobáronse as bases que rexerán o proceso selectivo para a contratación laboral fixa de dúas auxiliares a media xornada para o servizo de axuda no fogar.

Bases que rexerán o proceso selectivo para a contratación laboral fixa de 4 auxiliares a 25 horas para o servizo de axuda
no fogar do concello de Baltar mediante concurso, e creación dunha bolsa de emprego.

Primeira. Obxecto da convocatoria

1. O obxecto das presentes bases é regular a contratación por este concello de 4 auxiliares para o servizo de axuda no fogar, a tempo parcial, así como a creación dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal, en función das necesidades do servizo.
2. Os contratos articularanse con carácter fixo; consistirán na prestación das tarefas de axuda a domicilio e axuda á dependencia.

Segunda. Bases específicas

1. Numero de prazas: 4
2. Categoría profesional: auxiliar para o servizo de axuda no fogar do concello de Baltar.
3. Contrato laboral que se formalizará: fixo.
4. Xornada laboral: a tempo parcial, de luns a domingo (25 horas semanais).

Se queres descarregar as bases do proceso abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver