Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE TRABALLO NO CONCELLO DA MEZQUITA

03 Xun 2016

Sacan a concurso unha praza temporal de chófer de tractor rozadora

Nova convocatoria no concello da Mezquita para a provisión dunha praza de condutor de tractor con rozadora e outra maquinaria similar. A modalidade de contratación será un contrato laboral temporal por servizo determinado a tempo completo. A duración do mesmo vai dende a data de resolución do concurso ata a fin do servizo subvencionado. O sistema de contratación será por concurso. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP. O lugar de presentación de solicitudes será no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.  Máis información das bases específicas da convocatoria que poderán ser consultadas no Concello da Mezquita, en horario de oficina, taboleiro de anuncios e na páxina web deste www.amezquita.es.

Volver