OFERTA DUNHA PRAZA TEMPORAL NO CONCELLO DE VILAR DE SANTOS
É para un/ha axente TIC
O concello de Vilar de Santos fai público no BOP do 19 de decembro a convocatoria para a contratación laboral dunha praza de Axente TIC (Tecnoloxías da información e a comunicación) con modalidade de contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado. A xornada será de 20 horas/semana (luns a venres) dentro do Servizo Centro Cemit do Concello de Vilar de Santos. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. A duración do contrato deica o 31/12/2019. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes é de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral do concello en horario de 9.00 a 14.30 h. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na paxina web do concello.

