OFERTA DUNHA PRAZA TEMPORAL NO CONCELLO DE VILAMARTIN DE VALDEORRAS
É para un/ha condutor/a de tractor rozadora
O concello de Vilamartín de Valdeorras publica no BOP do 12 de abril a convocatoria para a contratación laboral dunha prazas para un/ha condutor/a tractor rozadora e outra maquinaria similar. A modalidade de contratación será contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado, a xornada completa. O sistema de selección é por concurso de méritos. A duración do contrato irá até o 31 de decembro de 2017. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes é de 7 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 horas. (Se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte). O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

