Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUNHA PRAZA TEMPORAL NO CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA

22 Xun 2017

É para un/ha responsábel da oficina de información xuvenil e da biblioteca pública

O concello de Rairiz de Veiga fai pública no BOP do 22 de xuño a convocatoria para a contratación laboral de un/ha responsable da oficina de información xuvenil e da biblioteca pública Antón Tovar de Rairiz de Veiga. Trátase dunha praza coa denominación de responsable da oficina de información xuvenil e da biblioteca pública Antón Tovar de Rairiz de Veiga. A duración do contrato irá até fin de servizo. O contrato laboral a formalizar será contratación laboral temporal por obra ou servizo determinado. A xornada laboral será parcial, 20 horas semanais, de luns a venres. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. O salario bruto mensual é de 570,17 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias). As tarefas a realizar serán as de potenciar a información xuvenil a través do servizo municipal integrado na Rede Galega de Información Xuvenil; fomentar as actividades formativas e educativas no ámbito do ocio e tempo libre, o asociacionismo xuvenil e a utilización das novas tecnoloxías por parte da xuventude; fomentar a participación da xuventude no desenvolvemento político, social, económico e cultural do municipio; converter á xuventude en protagonista activa da transformación do seu contorno; apoiar os proxectos creados e xestionados por xoves; realización de actividades de animación sociocultural; coordinación e supervisión e control da aula de internet, etc.O prazo e lugar para presentación de solicitudes é de 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, no Rexistro xeral do Concello en horario de 9 a 14:30 h. O texto íntegro das bases de selección están publicadas no tabloleiro de anuncios do concello.

Volver