Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUNHA PRAZA TEMPORAL NO CONCELLO DE COLES

08 Xun 2016

Seleccionan a un/ha auxiliar de axuda no fogar

O concello de Coles fai unha nova convocatoria para a contratación laboral para unha praza de auxiliar de axuda no fogar. A modalidade de contratación será laboral temporal para obra ou servizo determinado, sendo a súa xornada completa, 40 horas semanais, de luns a domingo, para o servizo de axuda a domicilio (SAD). O sistema de selección será por concurso de méritos, e a duración do contrato, ata a fin de servizo, comprendido entre as datas 23.06.2016 a 22.12.2016. O salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias) será de 1.044,14 €. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección está fixado deica o 15.06.2016 (incluído), no rexistro xeral do Concello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos 10. O texto íntegro das bases de selección está a disposición dos interesados nas oficinas do Concello de Coles (Lugar Vilarchao, 34, 32152 Coles).

Volver