Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUNHA PRAZA TEMPORAL DE EDUCADOR/A SOCIAL NO CONCELLO DA BOLA

10 Out 2019

É un contrato deica xuño de 2021

O concello da Bola fai público no BOP do 10 de outubro por resolución da alcaldesa, de data 4 de outubro de 2019, a aprobación das bases da convocatoria para a contratación dun/ha educador/a social para o Concello da Bola, a través da modalidade de concurso de méritos, suxeito ao programa de emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, conforme coa orde, do 6 de agosto de 2019, publicada no DOG nº 157, o mércores, 21 de agosto de 2019.
Xornada laboral: 40 horas semanais (xornada completa).
Clase de persoal: laboral temporal.
Duración do contrato: dependerá das condicións en que se conceda a dita subvención; sendo a duración prevista inicialmente dende o 01.11.2019 ata o 30.06.2021.
Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no Concello da Bola, en horario de oficina.

Volver