OFERTA DUNHA PRAZA NO CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO
É un posto de persoal de atención á infancia
O concello de Vilariño de Conso fai pública no BOP do 29 de agosto a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal, segundo o decreto da alcaldía, con data 21 de agosto de 2017 pra unha praza de persoal de atención á infancia, con modalidade de contratación mediante contrato laboral temporal para obra ou servizo determinado. Terá xornada completa, de luns a venres, en horario de 8.30 a 15.30 horas, no servizo PAI do concello. O sistema de selección será por oposición, e a duración do contrato deica a fin de curso escolar 2017-2018. O prazo e lugar de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 8.30 a 14.30 horas, ou outras formas previstas nas bases reguladoras. O texto íntegro das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal www.vilarinodeconso.es

