OFERTA DUNHA PRAZA NO CONCELLO DE TOEN
É un posto de condutor/a de máquina rozadora
O concello de Toén, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir un posto de traballo de persoal laboral temporal, publica o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso (exp. 432/2016). Trátase dun posto de condutor/a de máquina rozadora con modalidade de contratación por contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. A duración do contrato será de 11 meses e o sistema de selección por concurso de méritos. As bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal http://concellodetoen.sedelectronica.es. O prazo de presentación de solicitudes é 6 días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP (17/12/16),no rexistro do Concello de Toén, rúa Vilar núm. 65, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio dos previstos nas bases de convocatoria.

