OFERTA DUNHA PRAZA NO CONCELLO DE OIMBRA
Trátase dunha praza de monitor/a do Programa de conciliación da vida laboral e familiar: "Oímbra-Verán 2016"
O concello de Oimbra fai un anuncio de convocatoria para a contratación do persoal laboral, segundo as bases aprobadas por decreto da alcaldía con data 03/06/2016. Ofertan unha praza de monitor/a do Programa de conciliación da vida laboral e familiar: "Oímbra-Verán 2016", na modalidade da contratación por obra ou servizo determinado a tempo parcial. A duración do contrato abranguerá do 27/06/2016 ao 02/09/2016. O horario do contrato ficou establecido de 9.00 a 13.30, 4 horas e trinta minutos. O horario distribuirase en función das necesidades de funcionamento do servizo, e o salario bruto mes, incluíndo pagas extras será de 614,08 €. O prazo de presentación das solicitudes no concello será de 3 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP (8/6/16). A exposición do texto completo das bases da selección está publicado no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello: www.oimbra.es

